jueves, 23 de octubre de 2014

Violencia de xénero e bullying

Vos imos falar da violencia de xénero e do bullyng:

  • A violencia de xénero: é un tipo de violencia física ou psicolóxica contra calquera persoa sobre a base do seu sexo ou xénero que impacta de xeito negativo a súa identidade e benestar social, físico ou psicolóxico ...
    Estadisticas violencia de xenero.
    Un tercio das mulleres europeas sufren violencia de xenero.
    Só o 14% das mulleres o denuncian.
    Un 71% das mulleres españolas sobren este problema.
FONTES:Frac.
     
FONTE:especialistaenigualdad.blogspot.com

  • O bullyng:é calquera forma de maltrato psicolóxico, verbal ou físico producido entre escolares de forma reiterada ao longo dun tempo determinado. Estatisticamente, o tipo de violencia dominante é o emocional e dáse maioritariamente na aula e patio dos centros escolares.
FONTE:http://nuncalles.wordpress.com/definicion-de-bullying/
FONTES IMAGENES:www.sumedico.com www.centropsicologialopezdefez.es




lunes, 20 de octubre de 2014

Diario de sesións

LUNS,20/10 Hoxe buscamos información sobre o racismo, o significado, as imaxes... pero non rematamos todo o que debíamos facer. Faremolo na próxima sesión.

 VENRES, 24/10 Hoxe Pablo maís Diego estiveron buscando a información do bullyng e a historia do racismo que non rematáramos . Sara estivo rematando a historia da bulimia. Paula buscou a información da violencia de xénero.

LUNS, 3 /11 Hoxe entre todos hemos rematado a entrada da pobreza e das desigualdades sociais, pero non rematamos o punto D). Farémolo na próxima sesión.

VENRES, 7/11 Hoxe rematamos á entrada anterior (o punto D) e rematamos a entrada do consumismo e contaminación.

LUNS,17/11 Hoxe estivemos rematando o de recinto gris buscan do cada un a información correspondiente de cada pregunta.

LUNS,24/11 Hoxe estivemos elavorando unha nova actividade de Recinto Gris, pero non foi rematada, por iso o colgaremos na próxima sesión.

VENRES,28/11 Hoxe estivemos facendo a entrada de a excursión á esposición de Urzaiz contra a ciberviolencia de xénero, pero faltounos poñer as fotos e as pondremos na próxima sesión.

LUNS,1/11 Hoxe traballamos entre todos no segundo apartado de Recinto Gris maís ainda non o rematamos.Faltannos un par de puntos.

VENRES, 12/12 Hoxe tivemos a metade da clase para aumentar a nosa información da última entrada, estivemos contrastando toda a información do outras fontes, incluimos algunhas organizacións da paz e algunhas fontes nas que contrastamos a información.

LUNS, 15/12 Hoxe rematamos o apartado de Recinto Gris 2, pero non nos deu tempo a colgalo en clase entón enviámos o documento, por correo, a un dos membros do grupo para que o colge na casa.
Estivemos colavorando entre todos para completar todo o que nos faltaba.

Os prexuizos racistas

Existen diferentes prexuizos sociais debido as nosas diferecias, pero vos imos falar do racismo. O racismo: é unha ideoloxia que defiende a superioridade dunha raza frente as demais e a necesidade de mantela aillada ou separada do resto dunha comunidade ou país.
 
 
HISTORIA REAL DE RACISMO:
Esta história é real, sucedeu  nun voo . Unha señora branca séntase xunto a un negro. Esta molesta , chama á azafata.
A azafata: ' Que problema ten señora? '
A señora: 'pero, é que non o ve? puxéronme ao lado deste home!, e non soporto estar xunto un home tan desagradable, así sitúe me noutro lugar, por favor.
A azafata: 'cálmese, case todo os postos deste voo están ocupados, pero irei a ver se hai un asento libre'
A azafata afástase e retorna logo dalgúns minutos: 'señora, tal e como pensaba, non hai ningún posto libre en clase económica. Falei co comandante que me confirmou que non hai tampouco postos libres na clase executiva, pero temos un posto libre en primeira clase'
E antes que a señora puidese facer o máis mínimo comentario, a azafata continuou: 'é completamente inusual na nosa compañía permitir a un pasaxeiro de clase económica sentarse en primeira clase!, pero visto a circunstancia o comandante pensa que sería escandaloso obrigar alguén a sentarse ao lado dunha persoa así de repugnante... '
A azafata dáse volta cara ao negro e dille: 'así que, señor, se o desexa, tome a súa equipaxe de man, que o espera un asento en primeira clase... '
Todos os pasaxeiros  asistían á escena, erguéronse e comezaron a aplaudir.

FONTE:www.taringa.net


viernes, 17 de octubre de 2014

A bulimia

Alguns dos trantornos creados pola falta de autoestima son a anorexia, a drogodependencia ou por exemplo a bulimia. A bulimia: é trastorno da alimentación de orixe neurótica que se caracteriza por períodos en que se come compulsivamente, seguidos doutros de culpabilidade e malestar, con provocación do vómito; obsérvase xeralmente en mulleres novas.
UNHA HISTORIA REAL DA BULIMIA: Unha nena chamada Antonia, tivo uns pais que eran uns obsesivos coa limpeza a orde e a puntualidade. Ela, de pequena ,foi unha nena moi gordita, Pero de xoven decidiu baixar de peso e acabou sendo unha obsesiva coma os seus pais. Tamén foi moi boa estudante e as súas amigas dicían que o tiña todo: diñeiro, beleza. inteligencia... Os amigos non sabían que no seu interior había unha nena insegura, necesitada de atención e infeliz ata chegar a pensar no suicidio unas dúas veces a semana. Tiña moitos dores polo corpo e pensaba que iba a morrer. Foi a xunto os médicos e eles non encontraban nin solución nin remedio. Ela soubo que era bulímica, odiabase a si mesma e sentíase gorda e fea aínda que a xente lle dicía que tiña un corpo espléndido e que estaba xenial. Cando estaba triste comía, cando estába feliz comía e despois vomitaba para sacar do seu corpo todo o que lle facía dano, e despois volvía a comer. Enganaba a os seus médicos e o peor era que se enganaba a si mesma.