Mostrando entradas con la etiqueta Investigación 2ª Avaliación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Investigación 2ª Avaliación. Mostrar todas las entradas

lunes, 2 de febrero de 2015

Como previr a contaminación e o consumo do medio natural?

O consumismo pódese previr concienciando ás persoas de que deben facer un consumo responsable. A mellor forma de facelo é explicandolle aos nenos as consecuencias e impactos do consumismo no medio ambiente para tentar que non o realicen.

Para evitar o sobreconsumo e a perda de alimentos, unha medida é producir só os elementos necesarios, para que estes non se derramen antes de seren consumidos. Preto dunha quinta parte da comida que chega aos fogares tírase ao lixo.

  •   Outras medidas útiles para previr e solucionar o sobreconsumo son:
  •    Medir o efecto da publicidade nas nosas compras e aprender a xestionalo.
  •    Apreciar o que temos. É moi útil o dito "máis vale paxaro na man que cento voando".
  • Recorda que o mundo non é só material, tamén é espiritual.







t Ademais, a contaminación do medio tamén se pode previr:


  • -    Concienciando os nenos e nenas de que é moi importante o feito de non contaminar o medio. 
  • -    Reciclando os materiais sobrantes que admiten o reciclado.
  • -    Desfacéndose dos desfeitos non reciclables nos lugares apropiados para elo.


EExemplo real


      O ministerio de Medio Ambiente de Chile abriu unha consulta pública para definir a proposta de redución de emisións de CO2 que Chile presentará ante a ONU, no marco da Conferencia das Partes que terá lugar en París. Na devandita instancia definirase un conxunto de medidas a nivel global, considerando as propostas que envíen os distintos países, como así mesmo se aquelas terán un carácter obrigatorio ou ben voluntario.





F  Fontes:

h  http://www.wmelgar.com/2013/11/consejos-para-evitar-el-consumismo-excesivo.html

http://www.latercera.com/noticia/opinion/editorial/2015/01/894-613504-9-propuesta-de-chile-para-reduccion-de-gases.shtml

Como se manifesta e porque se produce?

O consumismo é coma unha enfermidade contaxiosa e, ademais, ten uns determinados síntomas. Algúns deles son:


  • A persoa prefire pasar o seu tempo libre en centros comerciales que en calquera outro lugar.
  • Cura o seu enoxo só mercando.
  • Compra cousas inútiles.
  • Non deixa de mercar ata que atopa algo que lle gusta.


A contaminación é a consecuencia do sobreconsumo, tamén se pode detectar facilmente:

  • As persoas teñen problemas respiratorios.
  • Os ríos, mares e contedores están cheos de lixo.
  • A xente sofre problemas psquiátricos por respirar o aire contaminado.
  • Os seres humanos padecen alerxias.
  • Os animais senten agotamento físico.






As principais causas son:



  • A adición que sofren algunhas persoas e que lle fai comprar obxectos que non queren nin necesitan.
  • O aumento continuo da poboación, a súa concentración progresiva en centros urbanos e o desenvolvemento da industria.
  • O continuo abuso da publicidade que fai crer a xente que se merca este obxecto será máis "guai" ca o resto.




Fontes:
http://www.peruecologico.com.pe/lib_c22_t04.htm
https://andresemina.wordpress.com/2010/06/01/causas-sintomas-y-curas-del-consumismo-compulsivo/

jueves, 22 de enero de 2015

Que son o consumismo e a contaminación do medio ambiente?Onde e cando se producen?

O consumismo e a contaminación do medio ambiente son dous problemas moi importantes para o ser humano e para a Terra en xeral na actualidade. En realidade o consumismo é a causa da contaminación, polo que un está unido a outro.

O consumismo é o consumo excesivo de servizos e bens que realizan moitas persoas dos países máis desenvolvidos. Vivimos nunha sociedade moi consumista que xera cada ano moitos residuos que contaminan o medio ambiente.





A contaminación do medio ambiente é un problema moi importante hoxe en día. Consiste na presenza no medio natural de distintos axentes provocados polas persoas que danan ou prexudican á saúde dos humanos, dos animais e das plantas. As súas consecuencias son a extinción de especies que non se adaptan ó novo medio, o derretimento do xeo polar...




O consumismo é realizado por persoas de moitas idades, aínda que é especialmente localizado nas persoas novas e de mediana idade. Por exemplo, moitos adolescentes queren cambiar o seu teléfono móbil cada ano, aínda que non o precisen. Desta forma xéranse gran cantidade de residuos que van a parar ao medio natural.
En España as persoas de entre 14 e 24 anos que queren estudar ou viaxar fora para facelo, gastan moitos cartos do seu peto ou do dos seus pais.

O consumismo se realiza en todo o mundo, aínda que especialmente nos países máis desenvolvidos, onde hai máis recursos para mercar. Estados Unidos é o país máis consumista e, polo tanto, é o que máis contamina o medio ambiente. Outro do países con máis consumo de produtos é China, aínda que a súa población é moito maior ca de Estados Unidos, polo que é normal que se consuma máis.


A contaminación se manifesta especialmente nas cidades dos países desenvolvidos e en lugares estratéxicos onde as persoas depositan os seus desfeitos. Estes lugares poden ser vertedoiros, ríos...




Fontes:


http://www.buenastareas.com/ensayos/El-Consumismo-y-La-Contaminaci%C3%B3n/1356628.html
http://contaminacion-ambiente.blogspot.com.es/
http://consumoyconsumismo.blogspot.com.es/