jueves, 22 de enero de 2015

Que son o consumismo e a contaminación do medio ambiente?Onde e cando se producen?

O consumismo e a contaminación do medio ambiente son dous problemas moi importantes para o ser humano e para a Terra en xeral na actualidade. En realidade o consumismo é a causa da contaminación, polo que un está unido a outro.

O consumismo é o consumo excesivo de servizos e bens que realizan moitas persoas dos países máis desenvolvidos. Vivimos nunha sociedade moi consumista que xera cada ano moitos residuos que contaminan o medio ambiente.





A contaminación do medio ambiente é un problema moi importante hoxe en día. Consiste na presenza no medio natural de distintos axentes provocados polas persoas que danan ou prexudican á saúde dos humanos, dos animais e das plantas. As súas consecuencias son a extinción de especies que non se adaptan ó novo medio, o derretimento do xeo polar...




O consumismo é realizado por persoas de moitas idades, aínda que é especialmente localizado nas persoas novas e de mediana idade. Por exemplo, moitos adolescentes queren cambiar o seu teléfono móbil cada ano, aínda que non o precisen. Desta forma xéranse gran cantidade de residuos que van a parar ao medio natural.
En España as persoas de entre 14 e 24 anos que queren estudar ou viaxar fora para facelo, gastan moitos cartos do seu peto ou do dos seus pais.

O consumismo se realiza en todo o mundo, aínda que especialmente nos países máis desenvolvidos, onde hai máis recursos para mercar. Estados Unidos é o país máis consumista e, polo tanto, é o que máis contamina o medio ambiente. Outro do países con máis consumo de produtos é China, aínda que a súa población é moito maior ca de Estados Unidos, polo que é normal que se consuma máis.


A contaminación se manifesta especialmente nas cidades dos países desenvolvidos e en lugares estratéxicos onde as persoas depositan os seus desfeitos. Estes lugares poden ser vertedoiros, ríos...




Fontes:


http://www.buenastareas.com/ensayos/El-Consumismo-y-La-Contaminaci%C3%B3n/1356628.html
http://contaminacion-ambiente.blogspot.com.es/
http://consumoyconsumismo.blogspot.com.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario