lunes, 26 de enero de 2015

Sesión 3: Como se manifesta e porque se produce?


Diario de sesións nº 3 Data: 26/1/15

Alumno/a

Cumpriu coas tarefas asignadas na sesión anterior
Tarefas realizadas nesta sesión
Valoración do traballo en equipo (1-4)
Tarefas asignadas para a próxima sesión
Miguel
Sí, rematou as súas tarefas.
4
Rematar o que non acabaron Pedro e Antía hoxe.

Pedro
En parte, xa que non deu rematado o que tiña que facer aínda que era a parte máis difícil.
3.5
Comezar co que debemos facer a próxima sesión.

Sara
Sí, axudou a Miguel a rematar as tarefas.
3.5
Comezar co que debemos facer a próxima sesión.

Antía
En parte, axudou a Pedro pero non remataron.
3.5
Rematar o que non acabaron Pedro e Antía hoxe.

viernes, 23 de enero de 2015

Sesión 2: Que é, cando e onde se produce?


Diario de sesións nº 2 Data: 23/1/15

Alumno/a

Cumpriu coas tarefas asignadas na sesión anterior
Tarefas realizadas nesta sesión
Valoración do traballo en equipo (1-4)
Tarefas asignadas para a próxima sesión
Miguel
Sí, porque fixo o que tiña asignado da sesións anteriores.
4
Acabar a primeira parte da investigación.

Pedro
Sí, porque fixo o que tiña asignado da sesións anteriores.
4
Empezar a segunda parte da investigación.

Sara
Sí, porque axudou a Miguel coa investigación.
4
Acabar a primeira parte da investigación.

Antía
Sí, porque axudou a Pedro a acabar o diario de sesión e seguir coa investigación.
4
Empezar a segunda parte da investigación.

jueves, 22 de enero de 2015

Que son o consumismo e a contaminación do medio ambiente?Onde e cando se producen?

O consumismo e a contaminación do medio ambiente son dous problemas moi importantes para o ser humano e para a Terra en xeral na actualidade. En realidade o consumismo é a causa da contaminación, polo que un está unido a outro.

O consumismo é o consumo excesivo de servizos e bens que realizan moitas persoas dos países máis desenvolvidos. Vivimos nunha sociedade moi consumista que xera cada ano moitos residuos que contaminan o medio ambiente.





A contaminación do medio ambiente é un problema moi importante hoxe en día. Consiste na presenza no medio natural de distintos axentes provocados polas persoas que danan ou prexudican á saúde dos humanos, dos animais e das plantas. As súas consecuencias son a extinción de especies que non se adaptan ó novo medio, o derretimento do xeo polar...




O consumismo é realizado por persoas de moitas idades, aínda que é especialmente localizado nas persoas novas e de mediana idade. Por exemplo, moitos adolescentes queren cambiar o seu teléfono móbil cada ano, aínda que non o precisen. Desta forma xéranse gran cantidade de residuos que van a parar ao medio natural.
En España as persoas de entre 14 e 24 anos que queren estudar ou viaxar fora para facelo, gastan moitos cartos do seu peto ou do dos seus pais.

O consumismo se realiza en todo o mundo, aínda que especialmente nos países máis desenvolvidos, onde hai máis recursos para mercar. Estados Unidos é o país máis consumista e, polo tanto, é o que máis contamina o medio ambiente. Outro do países con máis consumo de produtos é China, aínda que a súa población é moito maior ca de Estados Unidos, polo que é normal que se consuma máis.


A contaminación se manifesta especialmente nas cidades dos países desenvolvidos e en lugares estratéxicos onde as persoas depositan os seus desfeitos. Estes lugares poden ser vertedoiros, ríos...




Fontes:


http://www.buenastareas.com/ensayos/El-Consumismo-y-La-Contaminaci%C3%B3n/1356628.html
http://contaminacion-ambiente.blogspot.com.es/
http://consumoyconsumismo.blogspot.com.es/

Sesión 1: Caderno de Equipo 2ºavaliación


Diario de sesións nº 1 Data: 19/1/15

Alumno/a

Cumpriu coas tarefas asignadas na sesión anterior
Tarefas realizadas nesta sesión
Valoración do traballo en equipo (1-4)
Tarefas asignadas para a próxima sesión
Miguel
Sí, porque todos traballamos xuntos. 
 4
 Empezar a investigación.

Pedro
 Sí, porque todos traballamos xuntos. 
 4
 Acabar o diario de sesións e logo seguir coa investigación.

Sara
 Sí, porque todos traballamos xuntos. 
 4
  Empezar a investigación.                                       

Antía
 Sí, porque todos traballamos xuntos. 
 4
 Acabar o diario de sesións e logo seguir coa investigación.

 

Presentación da 2ª Avaliación

Ola a tod@s. Somos o grupo cooperativo "Podemos mellorar o mundo", que vamos continuar este blogue durante o segundo trimestre. Aquí tendes a nosa presentación:


1. Compoñentes

Miguel Alonso Garrido
Pedro Casal Armesto
Sara González González
Antía Rodríguez Tojo


2. Cargos e funcións

Coordinador: Pedro
      Funcións: supervisar e repartir as tarefas do grupo.

Secretario: Miguel
      Funcións: escribir os documentos comúns a todo o grupo, servir de portavoz e axudar ao coordinador.

Responsable do material: Antía
      Funcións: encargarse do material común e evitar que se perda.

Axudante: Sara
      Funcións: axudar a tódolos cargos.


3. Normas

Non facer algo se un de nós non o aproba.
Axudarnos mutuamente (AXUDAR NON É COPIAR).
Prestar atención e non molestar.
Non pasar información a outros grupos.
Comprometerse co grupo.


4. Modificacións do blog

Como continuamos o blogue doutro equipo, fixemos algunhas modificacións: agrupamos as entradas anteriores nas etiquetas correspondentes.